Obras necesarias

É difícil facer memoria e dar co ano no que se puxeron os servizos de alcantarillado e auga  na rúa Virxe dos Remedios que, tal como constatamos, estaban nun pésimo estado. Damos a benvida ás obras na Rúa Virxe dos Remedios e Agra de Rodríguez, recordando que, lamentablemente, moitas rúas de Corme tamén precisan arranxarse. E nós así o reclamaremos.



Contenedor de roupa usada

Dende a AVV solicitouselle a o concello un contenedor pra depositar a roupa usada , disto xa fai unhas semanas , pero con paciencia chegou , colocarano maña , ainda non sabemos a ubicacion. Tamen solicitamos outro contenedor pa depositar carton , que esperemos que non tarde moito , pois xa fai 3 meses que o pedimos, pero con paciencia fanse as cousas.

Caridade si, medo non.

Corme-1024x526

Sempre nos caracterizamos  por ser un pobo solidario, chegamos a recibir, como colectividade, o galardón Bergantiñán do ano, que concede o Padroado Fogar de Bergantiños, por condutas solidarias mantidas no pasado. E seguimos sendo un pobo solidario. Pero estes días, medio pobo anda coa mosca detras da orella, posto que grupos de persoas de nacionalidade rumana, percorren Corme pedindo, día si e outro tamén. Ata aquí nada malo. O problema telo se non lles dás nada. Malas contestacións, insultos, etc. A todo esto se suman as sospeitas de que, a parte de pedir, se esté realizando algunha que outra sondaxe de casas e demáis propiedades por parte deste grupo  que o que si anda é ben organizado. Nós, dende a Asociación, puxemos en coñecemento das autoridades este feito. Esperemos non ter que lamentar nada, e que esto quede só nunha anécdota.